O próximo Xoves día 10 de Setembro, e dentro do Programa Km. 0 da Deputación de Lugo, faremos unha excursión na que visitaremos o Centro de Artesanía e Deseño en Lugo, e despois iremos á Ribeira Sacra.A excursión, incluida a comida, é totalmente gratuita. As prazas están limitadas a un máximo de 48 persoas, e teñen preferencia os socios ata completar as plazas dispoñibles. Poderán apuntarse nunha lista de agarda outras persoas interesadas que, en caso de que non se cubran as 48 plazas, poderán asistir.
MOI IMPORTANTE: Os interesados teñen que apuntarse antes do día 1 de Setembro, chamando aos teléfonos 639914416, 609825332 ou 615232434. Debido a que dependemos da organización por parte da Deputación de Lugo, NON SE FARÁN EXCEPCIÓNS NESTE PUNTO.
NOTA: Poñeránse carteis co horario e lugar de recollida do autobús.
