Mostrando entradas con la etiqueta Xuntanzas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xuntanzas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de junio de 2009

III Xuntanza da Asociación de Veciños de Lanzós

O día 4 de Xullo, ás 9 da noite, teremos a cea de confraternidade da Asociación, no campo de S. Pedro, con sorteos, música, baile e fogos artificiais.

Precios: Socio e 1 acompañante da mesma casa: GRATIS
Non socios: 20 euros.

O menú consta de Paella, Carne asada con patacas, postre, viño, auga ou refrescos, café e chupito.

IMPORTANTE: Chamar antes do 27 de Xuño ós números 639914416, 609825332 ou 615232434 para apuntarse.

viernes, 7 de noviembre de 2008

Gran éxito da Inauguración do Campo da Festa

O domingo 26 de Outubro, ao fin, poidemos celebrar a inauguración do Campo da Festa. Trala misa amenizada có Coro de Lanzós, e o baile na sesión vermouth, 300 persoas disfrutamos todos xuntos dunha comida con alegría e bó humor.

Durante os postres fixoselle entrega dun agasallo á persoa de mais idade asistente á xuntanza, correspondéndolle a José Orosa Ramil, "Pepe da Casanova" que, con 96 anos moi ben levados, nos acompañou boa parte da tarde.

Tralo café e os chupitos, houbo festa rachada ata as 10 da noite (Zoilo ata se animou a coller o micro). Agardamos que todos os asistentes disfrutarades o máximo posible, e agardamos volver a xuntarnos todos en breve.

viernes, 10 de octubre de 2008

Inauguración do Campo da Asociación de Veciños

O vindeiro Domingo 26 de Outubro, celebramos en Lanzós a Inauguración do Campo da Asociación, cos seguintes actos:

- 13:00 horas: Misa de Campaña (se o tempo o permite)
e bendición do campo.
- 14:00 horas: Sesión vermuth con fogos artificiais e
baile.
- 14:30 horas: Comida, co seguinte menú: Callos, carne asada con patacas e ensalada, postre, bebidas, café e chupito

PREZO UNICO: 15 euros (os nenos/as menores de 10 anos non pagan).

Trala comida, baile ata que o corpo aguante. IMPORTANTE: Chamar aos teléfonos 639914416, 609825332 ou 615232434 antes do Domingo 19 para apuntarse.

viernes, 18 de julio de 2008

II Xuntanza Asociación de Veciños

O pasado 5 de Xullo celebramos a "II Xuntanza de Confraternidade da Asociación de Veciños", coa asistencia de 300 persoas, isto é, catorce persoas mais que o ano pasado.

Tralo reencontro de vellas amistades e das lembranzas, poidemos disfrutar dunha agradable cea. Ao seu remate, chegou o momento dos sorteos, dos fogos artificiais e, como non, do baile.

Queremos agradecer a sua asistencia a todalas persoas que nos acompañaron, e tamén a colaboración de Distribuciones Tino, Queixería Don Crisanto, Xamóns e embutidos Atilano, Parrillado o Adro, e de Spa Tesal de Santaballa.

Ata o ano que ven.

domingo, 8 de junio de 2008

II Festa da Asociación de Veciños de Lanzós

O próximo Sábado 5 de Xullo, ás 9 da noite, celebraremos a "II Xuntanza de Confraternidade da Asociación de Veciños", no campo de S. Pedro, con sorteos, música, baile e fogos artificiais.

Os socios, xunto con un acompañante da súa mesma casa, poden vir gratis. As persoas que non sexan socias, pero queiran acompañarnos e pasar unha noite de festa, teñen que pagar 15 euros.

O último día para apuntarse é o 28 de Xuño, nos teléfonos da Asociación.