Como estaba previsto, o pasado 10 de Setembro, unha nutrida representación de veciños da nosa parroquia tivo a oportunidade de facer unha excursión dentro do Programa Km. 0, promovido pola Excma. Deputación Provincial de Lugo.Trala viaxe ata Lugo, foron recibidos no Salón de Actos do Pazo de San Marcos pola Vicepresidenta segunda da Deputación Dna. Lara Méndez López, para posteriormente facer unha visita guiada polo edificio, trasladándose con posterioridade ao Centro de Artesanía e Deseño, onde destacaban os fermosísimos traxes rexionais (algún deles valorado ata en 50.000 euros) e a colección de instrumentos musicais.
Posteriormente trasladáronse en autocar ata Sober, que os recibiu cun día de bastante calor, onde xantaron. Pola tarde, viaxe no catamarán polo río Sil para contemplar os seus famosos Canóns.
Agardamos que a excursión fose do agrado de todolos participantes, quedando emplazadas para próximas visitas a outros lugares de interese da nosa fermosa terra.