Todos temos nas nosas casas fotos antigas. Son das nosas familias, de parentes, das festas da parroquia, das nosas casas, da matanza dos cochos, das mallas...Esas fotos forman parte de Lanzós, da historia de sua xente, do noso pasado... e de nós. Por iso, pensamos que non deben de perderse polos caixóns, ou en vellas huchas roídas polos ratos. Debemos facer o posible por conservalas, para que os nenos e nenas que veñan tras de nós saiban o que era a nosa aldea anteriormente.
Se tedes fotos antigas que pensades que poidan formar parte dun Arquivo Fotográfico Histórico de Lanzós, podedes poñervos en contacto con calquer membro da Xunta Directiva. Encargamonos de copiala e devolverlla ao seu dono en poucos días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se queres, deixanos aquí o teu comentario.