Hoxe martes 26 de Agosto tivemos unha reunión có capataz de obras da Deputación, na que se lle expuxo certas necesidades que, ao noso modo de ver, teñen as carreteras da nosa parroquia que dependen da Deputación. Temos que decir que levamos case un ano sobre este tema, xa que o 28/10/2007 se lles fixo unha solicitude por escrito, con entrada no seu Rexistro, da que non tivemos mais noticias ata hoxe. Isto é o que lles solicitamos:
1.- Pintado das carreteras de Vilalba a Lanzós, e de Lanzós a Ferreira, tanto no centro coma nas marxes.
2.- Colocación de sinais de situación coa palabra 'Lanzós' nos puntos de entrada á nosa parroquia nas mencionadas carreteras.
3.- Colocación de biondas (quitamedos) na carretera de Ferreira nas Cañotas (onde hai moito desnivel entre a carretera e as fincas).
4.- Construcción da nova Ponte do Freixo. Esta obra está adxudicada no Plan de Obras e Servicios 2007 desde o 19/10/2007 á empresa Ogasa Viales de Lugo, S.L., por un precio de 82.100 euros. Dixeron que están á espera de expropiacións.
5.- Desbrozado das carreteras da súa competencia.
O encargado tomou nota das nosas peticións, e agardamos que éstas se faigan efectivas o antes posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se queres, deixanos aquí o teu comentario.