viernes, 8 de mayo de 2009

Cine: "Unha noite na Opera"

O vindeiro Sábado 13 de Xuño, ás 4:30 da tarde, continuaremos as proxeccións de cine coa película "Unha noite na Opera", unha divertida comedia dos Irmans Marx.

E unha película APTA PARA TODOLOS PUBLICOS.

martes, 28 de abril de 2009

II Curso de Baile de Salón

Debido ao grande éxito da edición do ano pasado, e ao gran número de peticións por parte dos socios, este ano repetimos o Curso de Baile de Salón. A presentación do curso será o Sábado 16 de Maio, ás 10 da noite na Casa-Escola, día no que entre todos os asistentes interesados se decidirán as datas e horarios definitivos.

Os prezos serán os mesmos do ano pasado, é dicir.

- Socio (ou persoa da mesma casa): 10 euros (ao mes)
- Non socios: 20 euros (ao mes)

Así pois, se estades interesados en asistir, non tedes mais que ir á presentación.

martes, 31 de marzo de 2009

Rematan as obras no Campo de San Pedro

O pasado 26 de Marzo, e cumprindo co prazo estimado, remataron as obras no Campo de S. Pedro.

Estas obras, financiadas na meirande parte gracias á Excma. Deputación de Lugo, incluiron a limpeza do entorno do campo, a construcción do muro derribado no 'Klaus', arranxo de desperfectos nos muros, templete da música e escaleiras, así como o pintado posterior.

Agardamos que o resultado final sexa do agrado de todos os veciños.

miércoles, 18 de marzo de 2009

Nova iluminación na Casa-Escola

Esta semana, e gracias á aportación do Concello de Vilalba, foi instalada una nova iluminación exterior na Casa-Escola de Lanzós, consistente na colocación de dous farois de fundición de cor negra, que lle aportan ao edificio un aspecto moito mais acorde co entorno.

Queremos agradecer ao alcalde D. Gerardo Criado a súa desinteresada colaboración nesta actuación.

jueves, 5 de marzo de 2009

Cine: Proxección da película "Pradolongo"

O vindeiro Venres 20 de Marzo, víspera de S. Xosé, ás 8:30 da tarde proxéctarase na Casa-Escola de Lanzós a película "Pradolongo", de Ignacio Vilar, rodada integramente en Galicia.

A entrada é libre, sendo unha película APTA PARA MAIORES DE 7 ANOS.

Curso de Restauración de Mobles

A Asociación de Veciños de Lanzós, en colaboración co Sindicato Labrego Galego, organiza o 2º Curso de Restauración de Mobles Antigos.

As clases TOTALMENTE GRATUITAS serán impartidas na Casa-Escola de Lanzós, todos os sábados, de 4 a 7 da tarde, e comenzarán o próximo Sábado 14 de Marzo. A duración total do curso é de 40 horas e, por razóns de adecuada atención aos alumnos, o número máximo de participantes é de 15 persoas.

As persoas interesadas que chamen o antes posible aos teléfonos 639914416, 609825332 ou 615232434 para apuntarse.

viernes, 27 de febrero de 2009

Subvencións para instalacións eléctricas

O DOG de hoxe publica a Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de instalacións eléctricas de baixa tensión que foran feitas antes do 1 de xaneiro de 1989 no interior de edificios e vivendas habitadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Subvenciónase ata un 50% do gasto cun máximo de 1000 euros. O prazo para solicitar esta subvención é de 1 mes dende mañán.

Para mais información, podedes chamar ao teléfono 982 29 49 38.

viernes, 13 de febrero de 2009

Asamblea Xeral Ordinaria 2009

O próximo venres 27 de Febreiro terá lugar a Asamblea Ordinaria de socios 2009, ás 20:30 h. en primeira convocatoria, e ás 21:00 h. en segunda convocatoria, na Casa-Escola de Lanzós.

A orde do día consta nas cartas que lles foron enviadas a todolos socios. Nesas mesmas cartas foron enviados os carnets correspondentes.

domingo, 1 de febrero de 2009

Subvención do Area de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo.

No BOP do pasado día 13 de Xaneiro sae publicada a relación de organismos e asociacións ás que lle foron outorgadas subvencións para a adquisición de material cultural.

Este organismo concedeulle unha subvención de 904,59 euros á Asociación de Veciños de Lanzós (ASVELA) para a adquisición de material audiovisual e de oficina. Gracias a este axuda, mercouse un proxector Hitachi CP-X301 (para apoio nas charlas así como para ciclos de cine), así como material de oficina (folios, sobres, tinta de impresora, etc).

Agradecemos ao mencionado organismo a súa achega económica.

Arranxo dos muros do Campo de San Pedro. Nota pública da Xunta Directiva.

En data 02 de Xaneiro de 2009 foi aprobado o Plan de Comunidades Veciñais 2008 pola Xunta de Goberno da Excma. Deputación de Lugo, que otorgou á Asociación de Veciños unha axuda de 4.935,00 euros para a reparación e acondicionamento dos muros que delimitan o Campo de San Pedro.

Unha vez que esta axuda xa estaba concedida, houbo que lamentar que o ciclón 'Klaus' tirou a parte do muro mais cercana á propiedade de D. José Castro Cillero. Debido a eso, imos levantar de novo o muro na súa totalidade, e posteriormente intentaremos acollernos a algún tipo de axuda para sufragar este gasto inesperado.

Debido a que este muro está lindando coa propiedade da persoa mencionada, varios membros da Xunta Directiva falaron con él para informalo deste asunto, así como de que se van arranxar todos os desperfectos dos muros coa subvención concedida. Chegados a este punto, e tras facerlle constar que unha árbore da súa propiedade está derrubando parte da muralla, esa persoa non ofreceu ningún tipo de solución, antes ben, dixo da árbore mencionada "que non a vou cortar de ningunha das maneiras".

Dende a Xunta Directiva lamentamos vernos obrigados a facer público este desagradable asunto. Sempre pensamos que nin a Xunta Directiva nin a Asociación como tal non debe decantarse por ningunha opción política, sendo ésta un dereito individual de cada persoa. Por iso pensamos que un socio da nosa Asociación, sendo por riba o pedáneo, debería de dar exemplo de traballo e de compromiso pola nosa parroquia. Que cada un saque as súas propias conclusións.

En todo caso, a Xunta Directiva se reserva o dereito de tomar as medidas que crea convenientes ao respecto.

miércoles, 28 de enero de 2009

Reclamacións a BEGASA polo 'Klaus'.

A Asociación de Veciños de Lanzós pon a disposición de todos os veciños afectados o formulario para reclamar os danos derivados da falta de suministro eléctrico, tales como poden ser carne dos conxeadores que se estropeou, averías nos aparatos eléctricos, danos por caídas de postes, etc.

Picade enriba da foto da reclamación e despois imprimidea. Cubrides todos os datos, firmade ao final, e podedes entregalo na oficina de BEGASA na Rúa Novo Cazón de Vilalba. Non olvidedes facer unha fotocopia e que lle poñan un sello de entrada coa fecha que a entregades, para quedarvos con ela.

Para a xente que non poida acceder desde o Blog, pode pedir o formulario a calquera membro da Directiva. Así mesmo, se precisa axuda, axudarémoslle a cubrilo e a presentalo na oficina correspondente.

miércoles, 14 de enero de 2009

Incentivos para afiliarse á Seguridade Social no agro.

No DOG de hoxe publícase a Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

miércoles, 31 de diciembre de 2008

Subvencións para prevención de incendios en montes veciñais en man común.

No DOG do 16 de Decembro aparece a orde do 10 de decembro de 2008 que concede subvencións para o ano 2009 para prevención e defensa contra os incendios forestais.

Son subvencionables os gastos de desbrozado (manual ou mecanizada), roza de camiños, construcción de puntos de auga, compra de desbrozadoras manuais ou motoserras, ferramenta manual, roupa de traballo, etc.

Esta orde está modificada nun DOG posterior (do 31 de Decembro), que modifica o prazo para solicitar a subvención, que remata o 31 de Xaneiro de 2009.

Podedes informarvos en detalle no Centro Comarcal da Xunta en Vilalba.

lunes, 29 de diciembre de 2008

Día Infantil 2008

Onte domingo 28, coincidindo co día dos Inocentes, celebramos na Casa-Escola a II Edición do Día Infantil, para todos os nenos e nenas da parroquia e arredores.

Nesta ocasión, disfrutamos da actuación de Carlos Coira, un mago de moito talento que fixo desfrutar a nenos e maiores cos seus trucos de maxia e ilusionismo.

Queremoslle agradecer a Carlos a súa presencia totalmente desinteresada no día dos mais pequenos da parroquia.

domingo, 28 de diciembre de 2008

Queredes ver mais fotos...?

Agora, ademais de poder ver o Libro de Actas da Asociación así como outra documentación de interese para a parroquia, podedes ver albumes de fotos das actividades no novo enlace Mira o que facemos...

Premede sobre a actividade que vos interese e poderedes ver as fotos que desexedes, descargalas no voso ordenador ou imprimilas.

Remata o Curso de Cestería

O pasado 11 de Decembro púxose fin ao Curso de Cestería, no que os asistentes poideron aprender as técnicas necesarias para iniciarse nesta labor tradicional.

Esperamos que este curso fora de interese para todos, e agardamos repetir una iniciativa similar o antes posible. Queremos agradecer especialmente ao Sindicato Labrego Galego a súa colaboración nesta actividade.

sábado, 27 de diciembre de 2008

Trámites coa Consellería de Educación

Onte Venres 26 de Decembro envíamoslle, a través do rexistro correspondente, unha carta a D. Luis Manuel Alvarez Martínez, Delegado Provincial de Educación en Lugo, relativa á reintegración da titularidade da Casa-Escola de Lanzós a favor dos veciños da nosa parroquia.

Debido a que o edificio xa non cumple a súa función educativa orixinal, e que na actualidade ocupa o centro da vida asociativa de Lanzós, solicitámoslle a súa desafectación.

Cando teñamos noticias ao respecto, irémolas publicando no blog.

viernes, 26 de diciembre de 2008

Charla Medio Ambiente

O pasado 20 de Novembro tivemos en Lanzós unha amena charla có título de Aproximación ao coñecemento dos Espacios Naturais Protexidos. Rede Natura 2000, a cargo do técnico da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostenible, D. Santiago Franco.

Foi unha charla amena, na que o ponente explicou aos asistentes as peculiaridades medioambientais da nosa parroquia e bisbarra. Trala charla houbo un turno de preguntas.

Queremos agradecer á Consellería de Medio Ambiente a súa colaboración nesta actividade.

miércoles, 24 de diciembre de 2008

Solicitude ao Concello de Vilalba

Recentemente publicouse no BOE o RDL 9/2008, que crea un Fondo Estatal de Inversión Local, outorgandolle ao Concello de Vilalba uns fondos de 2.718.186 euros (mais de 450 millóns de pesetas) para os 15.358 habitantes que hai a data 01/01/2007.

Según o padrón municipal desa mesma data, na nosa parroquia hai 656 habitantes. Xa que eses fondos se distribuen en proporción á poboación de concello, nesta Asociación de Veciños pensamos que unha parte deses fondos deberían de investirse na nosa parroquia.

Posto que a data de solicitude de proxectos remata o 24 de Xaneiro de 2009, hoxe presentamos unha solicitude no rexistro do Concello cunha proposta de obras que se poderían levar a cabo en Lanzós. Agardamos, pois, que a nosa parroquia se teña en conta neses proxectos.

martes, 23 de diciembre de 2008

Aportación do Grupo Editorial Casals

Hai uns días recibimos unha donación mais que xenerosa por parte das Editoriais Casals, Bambú, Combel e Onda, consistentes nun gran lote de libros infantís e xuvenís. O antes posible, incluiremos estos libros no Fondo da Biblioteca para que todos poidades consultar os títulos que nos enviaron.

Queremos agradecer de todo corazón ás mencionadas editoriais o seu precioso xesto e enviarlles, en nome de todos os veciños de Lanzós, unha cálida aperta.

Recordar aos veciños que os libros están a disposición de todos. Non dubidedes en falar con calquera membro da Xunta Directiva si non puiderades acceder a eles.

lunes, 24 de noviembre de 2008

Inicio do Curso de Gaita e Percusión

Hoxe luns tivo lugar na Casa-Escola a presentación do Curso de Gaita e Percusión que organiza a nosa Asociación. As clases serán impartidas polo profesor Manuel Caridad.

O curso, no que xa hai 22 alumnos apuntados, comeza o 12 de Xaneiro de 2009, e as clases terán lugar todos os luns de 20 a 21:30 h., durante 4 meses.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Documentación da Asociación

Seguindo coa idea de máxima trasparencia que dende a Xunta Directiva sempre pensamos que debía de existir na Asociación, dende hoxe todos os socios poden acceder neste blog a moita da documentación da Asociación (Acta Fundacional, Estatutos, Estados de Contas, etc.).

Para iso, estreamos dúas novas seccións chamadas Actas e Documentos, que podedes atopar na columna da dereita. Nesas seccións veñen os enlaces aos documentos que queiramos ver, pinchamos e ábrese unha nova ventá de Scribd, no que se poderá ver o documento en cuestión. Unha vez feito isto, podémolo imprimir ou descargar no noso ordenador.

Esperamos que vos sexa de utilidade.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

Colaboración da editorial Seix-Barral

Hoxe recibimos unha xenerosa aportación da editorial Seix-Barral, consistente nun lote de libros para ampliar a nosa biblioteca.

Esperamos que esos libros sirvan de fonte de lecer para todos os veciños. Dende a Xunta Directiva, queremos agradecer ao Departamento Editorial o seu xesto.

martes, 18 de noviembre de 2008

Novo membro da Xunta Directiva

Hoxe 18 de Novembro, tomou posesión do seu cargo de vogal da Xunta Directiva desta Asociación o señor Pepe Ramudo Seijido, de Moreda, en sustitución de Antonio Teijeiro Gesto, quen dimitiu por razóns persoais do seu cargo.

jueves, 13 de noviembre de 2008

Ampliación da Biblioteca

Dende a Xunta Directiva seguimos empeñados en que Lanzós conte cunha biblioteca que sexa fonte de lecer e de interese para todos os veciños da parroquia.

Por iso, escribímoslle aos principais grupos editoriais de España, solicitándolles a súa colaboración coa a doazón de libros, tanto en galego coma en castelán. Estamos a recibir as respostas e, a medida que as teñamos, publicaremos no Blog as empresas que colaboraron con nós de forma totalmente altruísta.

viernes, 7 de noviembre de 2008

Convenio co Balneario TESAL de Santaballa

Queremos recordar a todos os asociados que se firmou o ano pasado un convenio có Balneario de Santaballa polo que, con só presentar o carnet de socio, nos ofrecen importantes descontos nos seus programas.

- Descontos en programas de 1 día: 15%

- Descontos en servicios soltos de Balneario e abonos mensuais: 25%

Se tedes pensado ir, non olvidedes levar o carnet e solicitar que vos faigan o desconto. E a desfrutar...

Vai un frío de carallo... na Casa-Escola

A verdade é que sí, que vai moito frío na Casa-Escola, Poren, aos asistentes aos cursos había que darlles unha medalla por asistir e aguantar o frío. Debido a que BEGASA non nos permite cambiar a titularidade do recibo da luz, e polo tanto, aumentar a potencia, non podemos poñer calefacción eléctrica na Casa-Escola.

Por iso, esperando poder facer unha obra de maior entidade no futuro, provisionalmente mercamos unha estufa de parafina, para que estar na Casa-Escola sexa o mais agradable posible.

Gran éxito da Inauguración do Campo da Festa

O domingo 26 de Outubro, ao fin, poidemos celebrar a inauguración do Campo da Festa. Trala misa amenizada có Coro de Lanzós, e o baile na sesión vermouth, 300 persoas disfrutamos todos xuntos dunha comida con alegría e bó humor.

Durante os postres fixoselle entrega dun agasallo á persoa de mais idade asistente á xuntanza, correspondéndolle a José Orosa Ramil, "Pepe da Casanova" que, con 96 anos moi ben levados, nos acompañou boa parte da tarde.

Tralo café e os chupitos, houbo festa rachada ata as 10 da noite (Zoilo ata se animou a coller o micro). Agardamos que todos os asistentes disfrutarades o máximo posible, e agardamos volver a xuntarnos todos en breve.

lunes, 27 de octubre de 2008

Día Infantil

O Domingo 28 de Decembro, ás 4:30 da tarde, na Casa-Escola, volvemos a celebrar o Día Infantil, no que os nenos e maiores poderán disfrutar coa actuación do mago Carlos Coira, con acceso libre e gratuito.

Para pasar unha tarde mais confortable, todos os asistentes serán convidados a chocolate quente durante a actuación.

sábado, 25 de octubre de 2008

Curso de Gaita, pandereta e percusión

O día 24 de Novembro, ás 6 da tarde, comeza na Casa-Escola un curso de Gaita, Percusión e pandereta, TOTALMENTE GRATUITO.

Para a súa celebración precísanse un mínimo de 15-20 persoas. Os días de celebración e o horario concretaránse o día da presentación (probablemente horario de tarde).

Charla Medio Ambiente

O día 20 de Novembro, ás 7 da tarde, virá un técnico da Consellería de Medio Ambiente para dar unha charla na Casa-Escola co título de Aproximación ao coñecemento dos Espacios Naturais Protexidos. Rede Natura 2000.

O acceso é libre e gratuito para todas as persoas interesadas nestes temas.

Curso de Cestería

O próximo Luns 3 de Novembro, ás 15:30 horas, financiado Fondo Social Europeo e coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, presentamos na Casa-Escola un curso de Cestería.

E TOTALMENTE GRATUITO, con 20 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición. A súa duración é de 60 horas e as clases terán lugar os luns, mércores e xoves, de 15:30 a 19:00 horas. Para a inscrición, hai que chamar aos teléfonos da Asociación de Veciños (639.91.44.16, 615.23.24.34 ou 609.82.53.32)

miércoles, 22 de octubre de 2008

Solicitude ao Bispado de Mondoñedo

Hoxe 22 de Outubro fixemos unha solicitude por escrito ao Sr. Félix Villares Mouteira, Secretario-Chanceler do Bispado de Mondoñedo-Ferrol, para que permitan empregar a Cortiña do Cura como aparcadoiro para coches os días nos que o Campo da Asociación esteña ocupado por algunha festa ou outro evento da parroquia.

Agardamos recibir resposta a esta petición o antes posible.

domingo, 19 de octubre de 2008

Carreteras da Deputación

Postos en contacto telefónico co Delegado de Vías da Deputación de Lugo, Sr. Ruíz, nos dixo que non teñen previsto facer este ano ningunha acción sobre as carreteras da súa competencia en Lanzós (pintar, sinalizar ou desbrozar), pero que sí van incluir nas obras do ano 2009 as melloras que solicitamos, así como construir a nova Ponte do Freixo, na carretera de Ferreira.

Dende a Xunta Directiva facemos constar o noso malestar por esta decisión, toda vez que está a comezar o inverno, as carreteras teñen varias deficiencias de importancia, e que os accidentes son constantes.

Polo de agora non podemos facer mais. Temos copia sellada da nosa solicitude desas melloras, pero non nos contestaron por escrito.

viernes, 10 de octubre de 2008

Inauguración do Campo da Asociación de Veciños

O vindeiro Domingo 26 de Outubro, celebramos en Lanzós a Inauguración do Campo da Asociación, cos seguintes actos:

- 13:00 horas: Misa de Campaña (se o tempo o permite)
e bendición do campo.
- 14:00 horas: Sesión vermuth con fogos artificiais e
baile.
- 14:30 horas: Comida, co seguinte menú: Callos, carne asada con patacas e ensalada, postre, bebidas, café e chupito

PREZO UNICO: 15 euros (os nenos/as menores de 10 anos non pagan).

Trala comida, baile ata que o corpo aguante. IMPORTANTE: Chamar aos teléfonos 639914416, 609825332 ou 615232434 antes do Domingo 19 para apuntarse.

sábado, 13 de septiembre de 2008

Comezan as obras no Campo da Asociación

Ao fin, despois de moitas solicitudes e con todas as autorizacións necesarias en regla, onte 12 de Setembro comenzaron as obras no Campo da Asociación de Veciños, financiadas pola Consellería de Medio Ambiente.

O proxecto inicial inclúe a nivelación do terreo, construcción de aceras, instalación de puntos de auga e luz, e canalizacións.

Agardamos que en poucas semanas as obras esteñan rematadas para que, si a Comisión de Festas o desexa, se poida celebrar nel a festa do noso patrón S. Martiño.

martes, 26 de agosto de 2008

Obras nas carreteras da Deputación

Hoxe martes 26 de Agosto tivemos unha reunión có capataz de obras da Deputación, na que se lle expuxo certas necesidades que, ao noso modo de ver, teñen as carreteras da nosa parroquia que dependen da Deputación. Temos que decir que levamos case un ano sobre este tema, xa que o 28/10/2007 se lles fixo unha solicitude por escrito, con entrada no seu Rexistro, da que non tivemos mais noticias ata hoxe. Isto é o que lles solicitamos:

1.- Pintado das carreteras de Vilalba a Lanzós, e de Lanzós a Ferreira, tanto no centro coma nas marxes.
2.- Colocación de sinais de situación coa palabra 'Lanzós' nos puntos de entrada á nosa parroquia nas mencionadas carreteras.
3.- Colocación de biondas (quitamedos) na carretera de Ferreira nas Cañotas (onde hai moito desnivel entre a carretera e as fincas).
4.- Construcción da nova Ponte do Freixo. Esta obra está adxudicada no Plan de Obras e Servicios 2007 desde o 19/10/2007 á empresa Ogasa Viales de Lugo, S.L., por un precio de 82.100 euros. Dixeron que están á espera de expropiacións.
5.- Desbrozado das carreteras da súa competencia.

O encargado tomou nota das nosas peticións, e agardamos que éstas se faigan efectivas o antes posible.

lunes, 25 de agosto de 2008

Plan Renove de Electrodomésticos

En breve vai sair unha liña de descontos, promovidos pola Consellería de Industria, que permitirá a todas as persoas poder renovar os seus electrodomésticos (lavadoras, lavalouzas, conxeladores, frigoríficos combi, fornos eléctricos e placas de cociña de indución ou de gas) por outros novos que consuman menos.

A contía das subvencións varía entre os 50 e os 125 euros, en función do electrodoméstico do que se trate e da súa clasificación enerxética (eficiencia enerxética clase A ou superior).

En calquera caso, a porcentaxe de subvención non poderá exceder do 25% do custe do aparato. Estos descontos xa os fai directamente o comerciante na tenda de electrodomésticos, que teñen que estar adheridas a esta iniciativa. O vendedor encárgase de cubrir a solicitude, que firmará o comprador do electrodoméstico, sen que se teña ningunha outra obligación.

Axudas para titulares de Explotacións Agrarias

No DOG do 25 de Agosto publícase a Orde do 19 de agosto de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das Axudas á utilización de servizos de Aconsellamento por persoas titulares de explotacións agrarias e se convocan para o ano 2008.

Podedes informarvos con mais detalle na Oficina de Extensión Agraria de Vilalba (teléfono 982.510.768)

jueves, 21 de agosto de 2008

Curso de Baile

Estáse a desenvolver na Casa-Escola de Lanzós o Curso de Baile, cun enorme éxito dado o numeroso grupo de persoas inscritas. Temos xente de tódalas idades, desde rapaces e rapazas ata xente algo mais veterana.

E posible que, dado a grande aceptación que está a ter, este curso se prolongue por algún tempo. Polo que, se o desexades, aínda estades a tempo de participar.