O pasado Martes 13 de Abril tivemos o último día do Cursiño de Poda, actividade que se celebrou por primeira vez en Lanzós e que tivo un éxito notable, tanto en canto á participación como ao interés xenerado. Nestes catro días, o enxeñeiro da Xunta, D. Francisco Otero, amosounos varios dos segredos da poda das árbores froiteiras así coma dos kiwis. Para iso, tivemos varias clases teóricas (introducción, poda de formación, poda de fructificación...), así como unha clase práctica de poda de kiwis e froiteiras. Ademais, o último día regaloulles a todos os asistentes un exemplar de portainxertos BA-29 (é un patrón de marmeleiro, libre de virus, para inxertar peral).
Debido ao interés amosado por gran parte dos asistentes, e posible que no mes de Agosto se faiga un Cursiño de Inxertado, sempre é cando sexamos un número dabondo de asistentes. Convocaremos o curso a través de cartas aos socios, anuncio na radio e prensa, e desta propia web.
1 comentario:
¿PORQUE NON SE FAI O CURSO DE INXERTOS QUE SE QUEDOU DE FACER EN AGOSTO? ¿SI XA NON ESTA MAIKEL NA ASOCIACION NON SE PODEN FACER MAIS COUSAS? PRESIDENTA, ESTO VAI MAL.
Publicar un comentario
Se queres, deixanos aquí o teu comentario.