Dende o día 15 de Maio, e dacordo co artigo 7 dos Estatutos, Jesús Ares presenta a súa dimisión irrevocable no seu cargo de Secretario da Xunta Directiva da Asociación de Veciños.Dita renuncia foi presentada na reunión da Xunta Directiva do Xoves 20 do presente, acto no que se lle fixo entrega á Sra. Presidenta de toda a documentación que estaba no seu poder, así como de diverso material que tamén estaba baixo a súa custodia.
Desde esta web, quero agradecer a súa axuda a todas as persoas coas que tiven a sorte de tratar nos cáseque 4 anos que formei parte desta Asociación, sin a cal non sería quen, en varias ocasións, de seguir adiante con este ilusionante proxecto. Gostaríame expresar especialmente o meu profundo e sincero agradecemento a quen, nos últimos días, me mostrou o seu cariñoso apoio. E finalmente desexar de corazón que a, sen dúbida, necesaria Asociación de Veciños siga viva, se consolide e sexa parte activa para sempre da nosa querida aldea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Se queres, deixanos aquí o teu comentario.